Compositor: Lucía Aldao
Hai unha parte da ponte quebrada que fai
Que acaben tódolos paseos
Hai un recordo corado no peito que fai
Que eu prefira outras feridas
Sabes que tes un imán
Xusto no medio do mapa
Sabes que non podo andar
Que ando movida, excitada
Hai unha liña vermella no medio do mar
Cando a cruzamos morre xente
Hai un mandato de agrado no mundo que fai
Que sexamos indolentes
Sii, sii, sii, noo
Sii, sii, sii, noo oohh oo ohh
Aquí tes a túa canción, é o himno da lesión
Hai unha ansia dicindo que invita a beber
Non quere pagar a medias
Hai un dilema con nome de fada que ten
Á súa vez outro dilema
Pode que sexa farol, dos que fregan os instintos
Pode que haxa un plan B: Pecha a porta a todo vicio
Teño un poder perigoso que sei que me dá
A acción de ser irresponsable
Teño un desgusto latente
Que me fai pensar
Na terapia á que faltaches
Sii, sii, sii, noo
Sii, sii, sii, noo
Sii, sii, sii, noo oohh oo ohh
Aquí tes a túa canción
Aquí tes a túa canción
É o himno da lesión