A Da Misántropa Riquiña

PAVA

Compositor: Lucía Aldao

Amor, isto é o único que lle pides á vida
Así que isto é o que cres que necesitas
Entón é isto o que che fai sentir ben

Ou non

Que cutre dicir que todo era unha mentira
Que pouco aporta se fas que isto se repita
Non se pode vir así a unha canción

Amor, a paz é cara porque igual non a queremos
Eu tamén caio adrede, boto a culpa aos freos
A cicatriz é carta de presentación

E non, non é por cínica ou capricho que me doia
Pero por crítica e precaria que me amola
É ver o ben que convivo co terror

Amor, será isto o peor ou o mellor das nosas vidas?
Eu que sempre quero ter a quen culpar
Xa está escrito
Canta unha poeta oral

Amor, mira que autobiografía involuntaria
Todo o ouro que non teña unha palabra
Tamén iso podo capitalizar

Amor, xa non quero estar aquí, xa non me gusta
Este cuarto está forrado de dolor
A misántropa riquiña xa marchou
A misántropa riquiña xa marchou
A misántropa riquiña xa marchou

A misántropa riquiña
Xa marchou

©2003- 2025 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital